venres, 20 de febreiro de 2015

Día Internacional da Lingua Materna, 2015: Acróstico e Carta.





  
-CARTA:

Viveiro,21 de Febreiro de 2015.

Querida lingua galega:
Desexo expresarche o meu amor sempre, que nunca desaparezas e que permanezas ao noso carón moitos séculos máis. En primeiro lugar porque es a lingua dos meus avós, aos que quero moitisimo, e non quero que deixen de falar a lingua que eles sempre falaron.Tamén é a lingua que fala a miña amiga Victoria cando falo con ela; para ela é unha lingua moi especial e da que  nunca se olvidaría xamais. Tamén é a lingua que falan os meus veciños de Lugo cando veñen de vacacións, polas festas de Celeiro,no verán...A miña profesora de primaria, Anxelica, fala moitisimo galego sobre todo cos alumnos e cos profesores; ela foi e segue sendo unha boa mestra da que aprendemos moitas cousas boas, e sobre todo a falar o galego.
Con esta carta quero dicir que non quero que desapareza a lingua  galega, porque para moita xente incluidos estes é unha lingua moi importante  da que nunca se separarían xamais, porque levan toda a vida falando a mesma lingua.           

                                                                     Un saúdo moi grande a tod@s, ata pronto.
                                                                      
                                                                                                                        LAURA.






Día Internacional da Lingua Materna, 2015.