venres, 28 de novembro de 2014

Escribimos a biografía de María Castaña.

                      
                               Realizado por María Presas para o Álbum das mulleres.    


María Castaña foi unha fidalga galega do século XIV, que liderou unha revolta popular contra o poder eclesiástico.Viviu na cidade de Lugo e era a muller de Martín Cego.
No ano 1398 dirixiu unha revolta da cidade contra a opresión do bispo de Lugo, Pedro López de Aguiar, que obrigaba os lucenses a facer fronte a elevados impostos; mandábaos cobrar a través do seu mordomo, Francisco Fernández.
Segundo din no Álbum das mulleres María Castaña vívia no ano 1398 no Couto de Cereixa,nas terras de Lemos e Quiroga,no que sería o concello da Pobra do Brollón.O seu apelido Castaña,seguramente se debería á cor do pelo.Este cognome aínda existe hoxe en Galiza.Estaba casada con Martín Cego e,nun enfrontamento co seu mordomo, Francisco Fernández, que traballaba para o bispo de Lugo, ela, o seu marido e os seus fillos, Gonçalvo e Afonso, feriron de morte este mordomo (recadador), que, como antes dixen, pertencía á diocese de Lugo. Con data do 18 de xullo de 1386, toda a familia dóalle á catedral de Lugo canto posúen no Couto de Cereixa, freguesía de San Pedro de Cereixa, como sanción e pago polos feitos antes citados. Déixanlle todas as propiedades que tiñan no Couto de Cereixa, teñen que pagar mil marabedís da moeda en circulación e xuran que non farán dano xamais aos recadadores da Igrexa e do bispo e que os axudarán en todo canto fose preciso.




Ningún comentario:

Publicar un comentario